¡¡Gratulerer Leti!!

Pois, coma non podía ser doutro xeito, a entrada de hoxe adícolla a Leticia.

Fai pouco máis dun ano nin nos coñecíamos, sabiamos da existencia da outra a través de certo amigo en común e tamén algunha que outra rede social. O caso é que nos presentamos a un curso de inglés no que non coñecíamos a ninguén, foi isto de que estás agardando a que comecen as clases e miras á xente e pensas, ou penso eu, “eu coñézoa, ¿do cole?, ¿da carreira?, ¿de que a coñezo?”.

Aos… 15 minutos o misterio resolveuse, o profesor mandounos presentar ao resto da clase, dixemos os nosos nomes e en canto rematou a actividade mirámonos e dixemos case ao mesmo tempo “ti es amiga de Pablo ¿verdade?”. Pois si, somos amigas de Pablo e, pois si, coñeciámonos por foto…

Despois diso pasou o típico cando estás  nun sitio onde non coñeces á xente e tes algo en común, e máis se é un alguén, pois empezas a achegarte a esa persoa, a falar e… cousas da vida, resulta que nos levamos ben.

Un par de meses despois empezamos un máster, si, ese máster tan marabilloso, tan útil, tan instrutivo… Ao pouco tempo a xente preguntábanos se nos coñecíamos de toda a vida ao que contestábamos entre risas que ¡si, dende fai 3 meses!

Agora é o seu cumpreanos, fáisenos maior, e quixen adicarlle esta entrada, non é tan emotiva coma a que me dedicou ela a min cando vin a Noruega pero… ¡¡¡Moitísimas felicidades!!!

 


Anuncios

4 responses to “¡¡Gratulerer Leti!!

  • Leticia

    ohhhh!!! Paula que sorpresa!! E que bonita!!! Nunca ninguén me felicitou dende Noruega!!! jajaja Case podo dicir que é a felicitación máis “fría” que recibín, mais cando chega ao meu corazón volvese tan quente que fai que apareza en min un bonito sorriso. Moitísimas grazas, de verdade!!
    Jooo xa teño ganas de que volvas!!! Quero verte!!!
    Un bico moi forte e oxalá que me felicites durante moitos e moitos anos!!

  • Maite

    Moitas felicidades Leticia, oxalá vos felicitedes moitísimos anos entre vos, bicos. e para ti tamén Paula, pero nesta ocasión estaba ben comezar por Leticia,

  • Leticia

    Moitas grazas, Maite!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: